O presidente da Comisión de Formación Ocupacional, Francisco Allegue, fixo unha proposta para que o concello de Fene se implique no Proxecto O Estaleiro, promovido pola Deputación da Coruña. Trátase dunha iniciativa que require a sinatura dun acordo de colaboración entre ámbalas dúas administracións.
Preténdese a creación dun Centro Tecnolóxico adicado ao desenvolvemento, difusión e traducción ao galego normativo de aplicacións de Software Libre. É moi probable que a ubicación deste centro sexa no polígono Vilar do Colo.
Nembargantes, a iniciativa ten moitas vertentes porque axudará ao desenvolvemento económico da ría, ofrecerá alternativa de emprego, contribuirá a fixar a poboación na comarca, revalorizará os ciclos formativos de carácter técnico e tecnológico e difundirá sen ánimo de lucro o Software Libre a través de soportes dixitais.
Para acadar tales metas é necesario investir arrededor de 132.000 euros, tanto para mercar material e equipamento coma a contratación de personal cualificado.
O proxecto pretende dar cabida á comunidade de usuarios, informáticos e internautas, aos traductores de Software Libre, aos centros académicos, filolóxicos e tecnolóxicos de referencia e ó tecido empresarial do sector en Galiza.
Máis en AGNIX